COÑECER
DEGUSTAR
COMPARTIR
¿Que é?
É un proxecto de alimentación consciente, que aposta polo coidado do noso corpo e da natureza.
Unha cociña baseada en alimentos orgánicos e de proximidade, que respecta os tempos e os ciclos naturais.
Fusionando sabores e saberes tradicionais con tendencias actuais.
Adáptase a persoas con intolerancias ou necesidades especiais na sua alimentación.
Tamén acolle ao arte, a cultura, a ecoloxía e outras alternativas.
¿Que facemos?
Elaboramos pratos preparados para levar.
Se non tes un lugar onde xantar, acollémoste encantadas no noso espazo. (A ser posible baixo reserva).
Cada día cociñamos dous pratos principais, a lume lento e con moito amor.
A meirande parte dos alimentos son de elaboración propia (pans, salsas, etc)
Son menús programados semanalmente para que poidas organizar as túas comidas ou as da túa familia.
Ofrecemos menús adaptados ás crianzas, intolerancias ou necesidades especiais.
En Verdearte poderás atopar bebidas artesás e de comercio xusto.
Ademáis de exposicións, concertos, talleres, charlas, e moito mais!
¿Como funciona?
Compartimos a oferta do menú da semana con antelación por WhatsApp (a modo persoal) ou Instagram, para que escollas que días e pratos che apetecen comer.
Mándasnos o teu pedido e pasas polo local a recollelo ou a xantar en horario de 13 a 15.30.
( Se tes dificultade co horario consúltanos e atopamos solución)
Importante! se é para levar non esquezas traer da casa o teu tupper de vidro e a túa bolsa reutilizable.
¿Onde podo ver o menú da semana?
¿Quen son eu?
Son Pilar, nacín en Andalucía, e crecín nunha cociña rodeada de sabores e saberes con olor a especias, aromáticas e tradición. Miña nai é a mellor cociñeira do mundo e dela aprendín a cociñar con amor e paciencia. O meu pai ensinoume a fidelidade, a ser eu mesma, e a amosar o meu corazón.
Amo a natureza e a tód@l@s seres que a habitan. Gústame cultivar e venerar cada agasallo que nos ofrece. Confío plenamente na miña misión de protexela, coidala e transmitir a súa importancia.
Apaixóname a arte e considérome infinítamente creativa, inqueda, curiosa e con moitas ganas de aprender e medrar.
Se queres saber mais... agárdote! Estarei encantada de compartir contigo.
¿Onde estamos?
Avda da Peregrina 26,
Bertamiráns 15220
Ames, A Coruña
Tel. 621 01 69 95
E-Mail: contacto@verdearte.info
Agárdote e convídoche a degustar.
Moitas grazas.